Saltar ao contido

Taipei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTaipei
台北市 (zh-tw)
Tâi-pak-tshī (nan)
臺北市 (nan-hani) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Símbolo oficialUrocissa caerulea (pt) Traducir (aves)
Rododendro (flor)
Ficus microcarpa (árbore) Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°02′15″N 121°33′45″L / 25.0375, 121.5625
País insularTaiwán Editar o valor en Wikidata
Enclave enNova Taipei Editar o valor en Wikidata
Capital de
Illa de Taiwán
República de Formosa (pt) Traducir
Taiwan sob domínio japonês (pt) Traducir (1895–1945)
臺灣省 (1945–1967)
Taiwán (1949–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Capital信義區 Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.603.150 (2020) Editar o valor en Wikidata (9.577,46 hab./km²)
Número de fogares1.067.481 (2024) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialmandarín taiwanés Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie271,7997 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado por基隆河 Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1709 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoTaipei City Government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Alcalde Editar o valor en WikidataChiang Wan-an (en) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoTaipei City Council (en) Traducir Circunscrición: 8, (Escano: 63) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico02 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2TW-TPE Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Vilnius (1998–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.taipei Editar o valor en Wikidata
BNE: XX458739

Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República da China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2 685 357 habitantes en 2001).

Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708. Comezou a adquirir importancia en 1885, cando foi elixida coma capital da provincia de Taiwán substituíndo a Tainan, e sobre todo en 1949 cando se converteu na capital do goberno nacionalista chinés de Chiang Kai-shek refuxiado na illa tras a toma do poder no continente polos comunistas de Mao Tse Tung.

Mapa antigo da cidade.
Casa Consistorial.

A cunca de Taipei foi un lago en tempos prehistóricos e habitada por indíxenas ketagalan ata a inmigración de chineses han da provincia de Fuxien co comezo do século XVIII.

En concreto, en 1709, Cheng Lai Chang obtén permiso do goberno Qing para unha primeira ocupación en Xinzhuang, na beira oeste do río Tanshui, e pouco despois en Mengxia (actual distrito de Wanghua) xa na beira leste e primeiro asentamento de Taipei propiamente. A partir de 1735 a inmigración increméntase e con ela novos asentamentos por toda a zona, pero vai ser o de Mengxia coa súa excelente posición xunto á desembocadura do Hsintien polo sur no Tanshui, o que se converta no centro portuario e comercial da cunca nun primeiro momento.

Cara a metade do século XIX, a progresiva perda de calado no río pola area así como o incremento notable do comercio do té fixo que se trasladara a actividade portuaria augas abaixo, dando lugar ao asentamento de Dadaocheng

En 1875, a administración Qing establece a Prefeitura de Taipei (Taipei Fu) no Forte Dajiarui (actual distrito centro de Zhongzheng), e decide a creación dunha cidade nova que una os diferentes asentamentos da zona, sobor de todo os dous principais, Mengxia e Dadoacheng. Así, no 1879 levántase un recinto rectangular amurallado entre aqueles, con tres rúas principais enlazando cinco portas (1882-4).[1] No ano seguinte é nomeada capital da provincia de Taiwán.[2]

Durante a ocupación xaponesa (1895-1945), na que recibe o nome de Taihoku, experimenta unha grande modernización e expansión, especialmente cara ao leste. Despois da guerra, en 1949, convértese na sede do goberno nacionalista (Kuonmitang) de Chiang Kai Shek, vencido polos comunistas de Mao no continente.

Nestes últimos anos (2004) foi noticia pola construción do que de momento é o rañaceos máis alto do mundo, o Taipei 101 (508 m)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.