Soseki Natsume, pseudónimo literario de Kinnosuke Natsume, naceu en 1867 no seo dunha familia de samurais en decadencia. Cando tiña dous anos, os seus pais dérono en adopción a un dos seus servente...view moreSoseki Natsume, pseudónimo literario de Kinnosuke Natsume, naceu en 1867 no seo dunha familia de samurais en decadencia. Cando tiña dous anos, os seus pais dérono en adopción a un dos seus serventes. Estudou lingua inglesa na Universidade de Toquio e tras graduarse comezou a traballar como mestre. En 1900 estableceuse en Inglaterra cunha bolsa do goberno xaponés, pero levou unha vida de miseria. Á súa volta ao Xapón, deu clases na universidade e comezou a publicar novelas: Eu, o gato, A torre de Londres e Botchan, obra que o levaría á fama. Escribiu catorce novelas ao longo da súa vida.view less