Saltar ao contido

Pinyin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Texto en pinyin en Shangai.

O pinyin (拼音, pīnyīn) ou hanyu pinyin (caracteres simplificados: 汉语拼音; pinyin: hànyǔ pīnyīn) significa literalmente notación fonética da lingua chinesa é un sistema de transcrición mediante o alfabeto latino (romanización) dos caracteres chineses segundo a pronuncia estándar do putonghua ou chinés unificado estándar, oficial na República Popular Chinesa. Posiblemente resulte máis difícil para os occidentais que a máis común Wade-Giles, pero dada a súa oficialidade na China, é cada vez máis utilizada.

O Hanyu Pinyin aprobouse en 1958 e adoptouse en 1979 polo goberno da República Popular da China. Substituíu a sistemas anteriores de romanización, tales como o Wade-Giles (1859), que se modificou en 1892, e o Pinyin do Sistema Postal, e tamén substituíu o Zhuyin como o método de instrución fonética chinesa na China Continental. O Hanyu Pinyin adoptouse en 1979 pola Organización Internacional de Estandarización (ISO) como a romanización estándar do chinés moderno (ISO-7098:1991). Foi tamén aceptado polo goberno de Singapur, pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, así como tamén por outros organismos internacionais. Tornouse igualmente útil para a dixitación de textos da lingua chinesa nos computadores.

Diferenzas básicas con outros sistemas de soletreo

[editar | editar a fonte]

O pinyin é unha romanización, ou sexa, utiliza letras latinas para representar sons no mandarín estándar. A maneira de efectuar tal representación no pinyin difire, nalgúns casos, do estilo de representación escrita de sons noutras linguas que usan o alfabeto latino. Por exemplo, os sons indicados polas letras b e g corresponden máis precisamente aos sons representados, respectivamente, pola letra p e k no emprego galego (en xeral no occidental) do alfabeto latino. Outras letras, como j, q, x, ou tamén o dígrafo zh, indican sons que non corresponden exactamente con ningún son en galego.

Unha das diferenzas coa Wade é que non utiliza apóstrofos para distinguir entre diferentes consoantes oclusivas e palatais senón outras letras que non teñen ese son en chinés. Por exemplo, 北京 dá běijīng segundo o sistema pinyin, pei-ching segundo o sistema Wade-Giles e Peking segundo o sistema postal chinés.

Ao facer unha correspondencia máis biunívoca dos caracteres latinos con sons chineses específicos, o pinyin realiza unha romanización máis precisa e compacta que os sistemas de romanización anteriores tales como o Wade-Giles; pola contra, isto tamén implica que unha persoa que nunca estudase o sistema pinyin poida cometer erros graves de pronuncia, o cal era un problema menos serio con sistemas como o Wade-Giles.

Propósito

[editar | editar a fonte]

O propósito primario do pinyin nas escolas chinesas é ensinar a pronuncia do mandarín estándar. Poderíase pensar que o pinyin se usa para axudar os nenos a asociar caracteres con palabras faladas que eles xa coñecen, mais isto non é así, xa que moitos chineses non usan o mandarín estándar na súa casa, e por iso non coñecen a pronuncia de palabras do mandarín estándar ata chegar ao punto de aprendelas na escola primaria a través do uso do pinyin.

Pronuncia

[editar | editar a fonte]
Os tons

O mandarín é unha lingua tonal de catro tons, que se representan en pinyin polos seguintes diacríticos:

  1. ˉ Ton alto (macron)
  2. ˊ Ton subindo (acento agudo)
  3. ˇ Ton descendendo lixeiramente e logo remontando (caron)
  4. ˋ Ton descendente e curto (acento grave)
  5. (sen acento) Ton neutro

Cando non se dispón (nos teclados, etc) dos caracteres acentuados, pódense representar os tons cunha cifra despois da sílaba, correspondendo ao número do ton indicado máis enriba, ademais da cifra 0 ou 5 para indicar o ton neutro.

O pinyin utiliza o alfabeto latino, e polo tanto a súa pronuncia é relativamente clara para os occidentais. As vogais do pinyin pronúncianse de forma similar ás vogais das linguas románicas, e a maioría das consoantes son semellantes ás da lingua galega. Hai, con todo, unha trampa para novatos, relacionada coas pronuncias pouco comúns do x, q, c, zh, e z (e ás veces i) e a pronuncia das letras d, b, g e j, xorda (sen vibración das cordas vocais, próxima ao galego t, p, k e x respectivamente). Máis abaixo fornécese máis información sobre a pronuncia de todas as letras do pinyin en termos de aproximacións ao inglés.

A pronuncia do chinés dáse xeralmente en termos de iniciais e finais, que representan a parte segmental e fonémica da lingua. As iniciais son consoantes iniciais, en canto que as finais son todas as combinacións posíbeis de mediais (semivogais que anteceden as vogais), o núcleo da vogal, e a coda (vogal ou consoante final).

Para unha táboa completa de todas as sílabas do pinyin, vexa Táboa do pinyin.

Iniciais (táboa)

[editar | editar a fonte]

En cada cela abaixo, a primeira liña indica o Alfabeto Fonético Internacional (AFI), e a segunda indica o pinyin.

Bilabial Labio -
dental
Alveolar Retroflexa Álveo-
palatal
Velar
Explosiva [p]
b
[pʰ]
p
[t]
d
[tʰ]
t
[k]
g
[kʰ]
k
Nasal [m]
m
[n]
n
Africada [ts]
z
[tsʰ]
c
[tʂ]
zh
[tʂʰ]
ch
[tɕ]
j
[tɕʰ]
q
Fricativa [f]
f
[s]
s
[ʂ]
sh
[ʐ] *
r
[ɕ]
x
[x]
h
Aproximada [ɻ] *
r
Lateral aproximada [l]
l

* [ʐ] e [ɻ] son intercambiábeis.

A orde convencional é: b p m f d t n l g k h j q x zh ch sh r z c s

Finais (táboa)

[editar | editar a fonte]

En cada cela de abaixo, a primeira liña indica o AFI, a segunda indica o pinyin como forma independente (sen inicial), e a terceira indica o pinyin en combinación cunha inicial. A non ser no caso das finais modificadas por un –r, as cales son omitidas, temos a continuación unha táboa exhaustiva de todas as finais posíbeis. 1

É interesante salientar que as únicas consoantes en sílabas finais no mandarín estándar son –n e –ng, e –r, que se liga a un sufixo gramatical. Se vostede vise unha sílaba chinesa que termine con calquera outra consoante, será que ou ben se trata dunha lingua chinesa non mandarín (xeralmente as linguas chinesas do sur tales como o cantonés) ou ben, máis raramente, un sistema de romanización non pinyin (onde as consoantes finais úsanse para indicar tons).

Cola
/i/ /u/ /n/ /ŋ/
Media [ɨ]

-i
[ɤ]
e
-e
[a]
a
-a
[ei]
ei
-ei
[ai]
ai
-ai
[ou]
ou
-ou
[au]
ao
-ao
[ən]
en
-en
[an]
an
-an
[ʊŋ]

-ong
[əŋ]
eng
-eng
[aŋ]
ang
-ang
/i/ [i]
yi
-i
[ie]
ye
-ie
[ia]
ya
-ia
[iou]
you
-iu
[iau]
yao
-iao
[in]
yin
-in
[iɛn]
yan
-ian
[iʊŋ]
yong
-iong
[iŋ]
ying
-ing
[iaŋ]
yang
-iang
/u/ [u]
wu
-u
[uo]
wo
-uo 3
[ua]
wa
-ua
[uei]
wei
-ui
[uai]
wai
-uai
[uən]
wen
-un
[uan]
wan
-uan
[uəŋ]
weng
 
[uaŋ]
wang
-uang
/y/ [y]
yu
2
[ye]
yue
-üe 2
[yn]
yun
-ün 2
[yɛn]
yuan
-üan 2

1 /ɚ/ (而, 二 etc.) é escrito como er. Para outras finais formadas polo sufixo -r, o pinyin non utiliza unha ortografía especial; simplemente anexa –r ao final ao que se engade, sen ter en conta as mudanzas de son que poidan ocorrer no proceso. Para informacións sobre mudanzas de son relacionadas ao –r final, vexa mandarín estándar..
2 "ü" é escrito como "u" despois de j, q, ou x.
3 "uo" é escrito como "o" despois de b, p, m, ou f.

Ademais, é [ɛ] úsase para representar certas interxeccións.

Táboa de exemplos e comparativa

[editar | editar a fonte]
Vogais
IPA a ɔ ɤ ai ei au ou an ən əŋ ʊŋ i ie iou iɛn in
Pinyin a o e ai ei ao ou an en ang eng er ong yi ye you yan yin ying
Tongyong Pinyin a o e ai ei ao ou an en ang eng er ong yi ye you yan yin ying
Wade-Giles a o o/ê ai ei ao ou an ên ang êng êrh ung i yeh yu yen yin ying
Zhuyin ㄨㄥ ㄧㄝ ㄧㄡ ㄧㄢ ㄧㄣ ㄧㄥ
exemplo
Vogais
IPA u uo uei uan uən uʊn uəŋ uʊŋ y ye yɛn yn iʊŋ
Pinyin wu wo wei wan wen weng yu yue yuan yun yong
Tongyong Pinyin wu wo wei wan wun wong yu yue yuan yun yong
Wade-Giles wu wo wei wan wên wêng yüeh yüan yün yung
Zhuyin ㄨㄛ ㄨㄟ ㄨㄢ ㄨㄣ ㄨㄥ ㄩㄝ ㄩㄢ ㄩㄣ ㄩㄥ
exemplo


Consoantes
IPA p m fəŋ fʊŋ tiou tuei ny ly kɤɻ tɕiɛn tɕiʊŋ tɕʰin ɕyɛn
Pinyin b p m feng diu dui t ger k he jian jiong qin xuan
Tongyong Pinyin b p m fong diou duei t nyu lyu ger k he jian jyong cin syuan
Wade-Giles p p' m fêng tiu tui t' kêrh k' ho chien chiung ch'in hsüan
Zhuyin ㄈㄥ ㄉㄧㄡ ㄉㄨㄟ ㄋㄩ ㄌㄩ ㄍㄜㄦ ㄏㄜ ㄐㄧㄢ ㄐㄩㄥ ㄑㄧㄣ ㄒㄩㄢ
exemplo 歌儿
Consoantes
IPA ʈʂɤ ʈʂɨ ʈʂʰɤ ʈʂʰɨ ʂɤ ʂɨ ɻɤ ɻɨ tsɤ tsuo tsɨ tsʰɤ tsʰɨ
Pinyin zhe zhi che chi she shi re ri ze zuo zi ce ci se si
Tongyong Pinyin jhe jhih che chih she shih re rih ze zuo zih ce cih se sih
Wade-Giles chê chih ch'ê ch'ih shê shih jih tsê tso tzŭ ts'ê tz'ŭ szŭ
Zhuyin ㄓㄜ ㄔㄜ ㄕㄜ ㄖㄜ ㄗㄜ ㄗㄨㄛ ㄘㄜ ㄙㄜ
exemplo
Tons
IPA ma˥˥ ma˧˥ ma˨˩˦ ma˥˩
Pinyin
Tongyong Pinyin ma maˊ maˇ maˋ
Wade-Giles ma1 ma2 ma3 ma4
Zhuyin ㄇㄚ ㄇㄚˊ ㄇㄚˇ ㄇㄚˋ
exemplo (traditional/simplificado) 媽/妈 麻/麻 馬/马 罵/骂

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Conversores automáticos

[editar | editar a fonte]