A aplicación Gmail oficial ofréceche o mellor deste servizo de correo no teu teléfono ou tableta Android con seguranza fiable, notificacións en tempo real, compatibilidade con varias contas e a posibilidade de facer buscas en todo o teu correo. Gmail tamén está dispoñible en Wear OS para que poidas manter a produtividade e xestionar correos electrónicos desde o pulso.
Coa aplicación Gmail, podes:
• Bloquear automaticamente máis do 99,9 % do spam, phishing, software malicioso e ligazóns perigosas para que non cheguen á túa caixa de entrada.
• Desfacer envíos para evitar erros vergoñosos.
• Activar Google Chat para poñerte en contacto, crear e colaborar con outros usuarios.
• Aumentar a produtividade traballando en grupo en Espazos: un lugar destinado a organizar persoas, temas e proxectos.
• Beneficiarte de videochamadas de alta calidade con Google Meet.
• Responder aos correos electrónicos rapidamente coas suxestións de Resposta intelixente.
• Cambiar entre distintas contas.
• Achegar e compartir ficheiros con facilidade.
• Recibir notificacións de correos novos ao instante grazas ás distintas opcións: centro de notificacións, indicadores e pantalla de bloqueo.
• Buscar no correo máis rapidamente con resultados instantáneos, predicións mentres escribes e suxestións ortográficas.
• Organizar o correo coas funcións de etiquetar mensaxes, eliminalas, marcalas con estrela ou informar de spam.
• Arquivar ou eliminar mensaxes só con pasar o dedo para limpar a caixa de entrada de forma rápida.
• Ler o correo agrupado en conversas.
• Completar automaticamente os nomes dos contactos mentres escribes a partir dos teus contactos de Google ou do teléfono.
• Responder ás invitacións de Google Calendar directamente desde a aplicación.
• Engadir unha complicación e unha tarxeta de Gmail ao teu reloxo Wear OS para obter un resumo dos teus correos electrónicos.
Gmail forma parte de Google Workspace, que vos permite a ti e ao teu equipo poñervos en contacto, crear e colaborar de forma máis sinxela. Podes:
• Poñerte en contacto cos compañeiros de traballo mediante Google Meet ou Google Chat, enviar invitacións en Calendar, engadir accións ás listas de tarefas e moito máis sen saír de Gmail.
• Usar as accións suxeridas, como Resposta intelixente, Redacción intelixente, suxestións gramaticais e recordatorios de correo. Estas funcións permítenche levar ao día o traballo e ocuparte das tarefas sinxelas para que aproveites mellor o tempo.
• Protexer a información. Os nosos modelos de aprendizaxe automática evitan que máis do 99,9 % do spam, phishing e software malicioso cheguen aos nosos usuarios.
Máis información sobre Google Workspace: https://workspace.google.com/products/gmail/
Se queres estar ao día, podes seguirnos en:
Twitter: https://twitter.com/googleworkspace
LinkedIn: https://www.linkedin.com/showcase/googleworkspace
Facebook: https://www.facebook.com/googleworkspace/
Última actualización
19 de nov. de 2024