Queres aforrar tempo e aproveitar o día ao máximo? Usa a aplicación oficial Google Calendar (parte de Google Workspace) na túa tableta ou teléfono Android, ou no teu dispositivo Wear OS.
• Dispón de diferentes formas de ver o calendario: poderás cambiar rapidamente entre a vista de mes, semana ou día.
• Goza da función Eventos de Gmail: os eventos e reservas de todo tipo (voos, hoteis, concertos, restaurantes…) engadiranse automaticamente ao teu calendario.
• Tíralle todo o proveito a Tarefas: crea, xestiona e consulta as túas tarefas xunto aos eventos de Calendar.
• Ten todos os calendarios nun mesmo lugar: Google Calendar é compatible con todos os calendarios do teléfono, incluído Exchange.
• Non perdas ningún evento nin deixes ningunha tarefa sen facer, esteas onde esteas: nos dispositivos Wear OS, Google Calendar enviarache unha notificación cando corresponda. Ademais, é compatible con tarxetas e complicacións.
Google Calendar forma parte de Google Workspace. Con Google Workspace, ti e mais o teu equipo poderedes:
• Consultar a dispoñibilidade dos compañeiros ou xerar unha vista cos seus calendarios superpostos para poderdes programar reunións nun chiscar de ollos.
• Ver se as salas de xuntanzas ou os recursos compartidos están libres.
• Compartir os calendarios para ver todos os detalles dos eventos ou comprobar se tendes ocos dispoñibles.
• Acceder desde ordenadores portátiles, tabletas ou teléfonos.
• Publicar calendarios na Web.
Máis información acerca de Google Workspace: https://workspace.google.com/products/calendar/
Síguenos en:
Twitter: https://twitter.com/googleworkspace
LinkedIn: https://www.linkedin.com/showcase/googleworkspace
Facebook: https://www.facebook.com/googleworkspace/
Última actualización
21 de nov. de 2024