Saltar ao contido

Simplificación da escritura chinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A simplificación dos caracteres chineses é o proceso de reforma da escritura chinesa que tivo lugar na segunda metade do século XX, cando o goberno da República Popular da China promoveu a adopción dun sistema de caracteres simplificados (簡體字 jiǎntǐzì), que substituíu os caracteres tradicionais na China continental. Outras comunidades chinesas, en particular as de Taiwán, Hong Kong e Macau, continúan utilizando os caracteres tradicionais (繁體字 fántǐzì ou 正體字 zhèngtǐzì). A estas dúas formas alternativas de escribir o chinés chámanselles chinés simplificado e chinés tradicional respectivamente.

Por simplicidade, neste artigo os termos en chinés aparecen soamente en caracteres tradicionais, seguidos da transcrición hànyǔ pīnyīn.

Antecedentes históricos

[editar | editar a fonte]

Durante a primeira metade do s. XX foron moitos os intelectuais chineses que, ante o atraso relativo da China fronte ás potencias occidentais, defenderon a necesidade de acometer reformas profundas na sociedade chinesa. Un dos albos das ansias reformistas foi precisamente a linguaxe.

Por unha banda, o chinés clásico (文言 wényán) era unha lingua totalmente diferente da lingua vernácula (白話 báihuà) que se falaba, e fórase impondo a idea, alentada por intelectuais como Hu Shih, de que debía definirse unha nova lingua padrón baseada no idioma falado. En paralelo a esta defensa dunha lingua nacional máis achegada á linguaxe cotiá, houbo tamén intelectuais que adoptaron unha postura aínda máis radical, defendendo que o sistema de escritura en si debía ser abolido ou reformado. Algúns, como o escritor Lu Xun, chegaron a propor a adopción do alfabeto latino para o chinés. Para estes intelectuais, o sistema de escritura chinés, cos seus milleiros de caracteres, supuña unha traba para o progreso tecnolóxico da China, debido a que os nenos na escola debían investir moitos anos de estudo para chegar a dominar a escritura, o cal sería motivo de atraso na aprendizaxe doutras disciplinas.

A pesar do ímpeto das ideas revolucionarias da época, a posibilidade de romanizar o idioma nunca estivo preto de volverse realidade xa que, por un lado, convertería en analfabetos a quen xa sabían ler e escribir, que terían que aprender un novo sistema, e, por outro, o apego dos chineses ao seu sistema de escritura facía difícil a aceptación dunha reforma tan radical. Esta segunda razón é talvez a máis importante, pois en vietnamita e en coreano, as outras dúas linguas que se escribían con caracteres chineses, o uso dos caracteres foi abolido, case na súa totalidade, ao longo do s. XX.

Fronte ao camiño radical seguido por vietnamitas e coreanos, na China, como no Xapón, acabaríase impondo a idea máis conservadora de modificar gradualmente o sistema de escritura substituíndo as formas normativas dalgúns caracteres de uso moi frecuente por outras máis simples. A este proceso chamóuselle simplificación dos caracteres chineses (漢字簡化 /汉字简化 hànzì xiǎnhuà). Nótese que a "simplificación" refírese a unha redución do número de trazos. Como se comenta máis adiante neste artigo, non está claro en absoluto que ditos caracteres con menor número de trazos sexan máis doados de aprender que os caracteres tradicionais.

O primeiro intento de introducir caracteres simplificados levouno a cabo o Goberno do Kuomintang (KMT) no ano 1935, que promulgou unha lista oficial de 324 caracteres modificados. Nesa lista atopábanse xa algunhas formas populares de caracteres que serían adoptadas de novo polo Goberno da República Popular da China anos máis tarde (como 个 por 個, ou 还 por 還, por exemplo). No entanto, a sociedade rexeitou de maneira xeral a adopción destes novos caracteres e un ano máis tarde o Goberno retirou a reforma.

Tras a segunda guerra mundial, o Goberno xaponés decidiu adoptar de xeito oficial formas simplificadas para un número considerábel de caracteres. As simplificacións xaponesas, porén, foron moito máis moderadas que as que finalmente levaría a cabo o Goberno da República Popular da China.

[editar | editar a fonte]

Tras a proclamación da República Popular da China por Mao Zedong en 1949, o novo goberno comunista, á par que continuaba a política do KMT de promoción dunha lingua nacional baseada no dialecto pequinés, retomou o plan de reformar a escritura. En 1955 organizouse o Congreso Chinés para a Reforma da Escritura (中國文字改革委員會 Zhōngguó Wénzì Gǎigè Wèiyuánhuì), do cal sairía un comité que un ano máis tarde, en 1956, publicaría a primeira lista de caracteres reformados que establecía novas formas normativas para 515 caracteres e 54 compoñentes de caracteres. A esta lista de caracteres chamouna “Plan de simplificación dos caracteres chineses” (漢字簡化方案 hànzì xiǎnhuà fāng'àn). Os caracteres simplificados foron obxecto de críticas e rexeito durante o período de apertura das Cen Flores, mais nos anos 60, coa radicalización da política revolucionaria e o fervor dos ataques á cultura antiga imporíase o uso dos novos caracteres. Á lista de 1956 engadiríanse moitos máis caracteres en 1964, coa publicación da “Táboa xeral de caracteres simplificados” (簡化字總表 xiǎnhuà zì zǒng biǎo). Este proceso de reforma non se consideraba aínda completo. De feito, acostúmase dicir que había quen vía a simplificación como unha fase provisional previa á adopción do alfabeto latino co sistema pinyin.

O proceso de simplificación continuou, en efecto, e en 1977 publicouse o Segundo Plan de Simplificación dos Caracteres Chineses (Proxecto) (第二漢字簡化方案 [草案] dì'èr hànzì xiǎnhuà fāng'àn [cǎo'àn]). Esta segunda parte da reforma non chegou a ter éxito, e en 1986 fíxose a última revisión do sistema, na que se aboliu por completo o segundo plan, e fíxose algún cambio mínimo na lista de 1964.

Esta última revisión de 1986 é a que está en vigor na actualidade na República Popular da China, excepto en Hong Kong e Macau.

Métodos de simplificación dos caracteres

[editar | editar a fonte]

Substitución dun carácter por unha variante popular ou por unha forma arcaica. Exemplos:

Eliminación dunha parte do carácter. Exemplos:

Adopción dunha forma baseada no estilo de caligrafía cursiva. Exemplos:

Substitución da parte fonética dun carácter por outra con menos trazos. Exemplos:

Eliminación dun carácter para remprazalo cun homófono. Exemplos:

Neste caso, os caracteres da fileira de baixo existen tamén no sistema tradicional. O sistema simplificado fusiona nun só carácter o que eran dous ou máis caracteres, con significados diferentes, mais con pronuncia igual ou similar; isto reduce o número total de caracteres.

Argumentos a favor e en contra da simplificación

[editar | editar a fonte]
  • Os defensores dos caracteres simplificados argumentan que os caracteres simplificados son moito máis doados de memorizar, de ler e de escribir debido ao seu menor número de trazos. Este foi o argumento orixinal que motivou a reforma. Na seguinte sección do artigo expóñense varias críticas a este enfoque.
  • Ademais, os caracteres simplificados son moito máis rápidos de escribir a man. Aínda que esta idea parece indiscutíbel, os detractores afirman que as formas simplificadas poden ser útiles na escritura manuscrita de tipo persoal, do mesmo xeito que se en galego se escribe "q" por "que" ou "tm" por "tamén" en notas persoais, pero esta rapidez na escritura manuscrita non sería un argumento válido para substituír as formas tradicionais na escritura impresa ou en formato electrónico.

En contra

[editar | editar a fonte]
  • Os detractores da simplificación argumentan que os caracteres chineses son unha parte fundamental da cultura chinesa, nunha forma que permanecera a basicamente inalterada ata a reforma levada a cabo pola República Popular. En contra da propaganda das autoridades do Continente, que a miúdo presentaron a reforma como un simple exercicio de estandarización de formas populares tamén antigas, os detractores apuntan o feito de que unha gran parte dos caracteres simplificados son formas inventadas ou marxinais. Os caracteres tradicionais representarían as formas ortodoxas dos caracteres chineses tal como foron legados por unha tradición cultural milenaria. Os defensores da simplificación responden con que toda lingua evoluciona. Do mesmo xeito que o mandarín falado hoxe en día é moi diferente da lingua vernácula de hai varios séculos, non habería nada malo en reformar o sistema de escritura para facelo máis manexábel e sinxelo na sociedade actual.
  • Tamén hai persoas que argúen que os caracteres simplificados son feos en comparación cos tradicionais. Esta idea, porén, é moi subxectiva. Outros responden que son os caracteres tradicionais os que resultan máis feos por unha recarga excesiva de trazos.
  • Moitos chineses educados no sistema tradicional consideran que os caracteres simplificados son máis difíciles de diferenciar porque, ao contar con menos trazos, abundan os parecidos entre caracteres que orixinalmente eran moi distintos. Por exemplo, os caracteres 广 e 厂 (guǎng e chǎng, respectivamente) diferéncianse só por un pequeno trazo na súa forma simplificada, mentres que nas súas versións tradicionais, 廣 e 廠, son moito máis doados de distinguir. Hai moitos exemplos similares.

¿Son os caracteres simplificados realmente máis doados de aprender?

[editar | editar a fonte]

A idea básica subxacente á reforma dos caracteres chineses é que un menor número de trazos fai que estes sexan máis doados de recordar.

Non está claro, porén, que esta idea sexa correcta. Moitos opositores da reforma afirman que un número de trazos menor non fai necesariamente que os caracteres sexan máis doados de aprender. Outras consideracións, como a simetría do carácter, ou a súa relación con outros similares, desempeñan un papel importante no proceso de memorización. Por exemplo, hai quen atopan máis doado recordar 車 que 车 (chē, "coche") pola maior simetría do primeiro. A partir deste carácter' fórmase 轟 (hōng), que podemos facilmente recordar como o "triplo coche". Tras a simplificación, este carácter converteuse en 轰, que consiste nun coche sobre un par de mans. Aínda que os trazos son menos, a complexidade estrutural ("tres coches" fronte a "un coche sobre dous mans") parece aumentar no carácter simplificado. Outro caso sería o carácter 錢 (qián), que agrupa o carácter 金 (xīn, "ouro"), e o carácter 戈 (, "lanza"), repetido dous veces. Os caracteres simplificados manteñen os caracteres xīn e tal cal, mais introduciron formas reducidas para xīn cando aparece como compoñente esquerdo dun carácter e para a combinación de dous . Así, 錢 (ouro + dúas lanzas) converteuse en 钱 ("ouro abreviado + dobre lanza abreviada"). De novo, non está claro que a forma simplificada sexa realmente máis simple de memorizar. Nos casos de substitucións da parte fonética dun carácter, moitas veces os compoñentes básicos non foron simplificados, polo que a reasignación de parte fonética, aínda cando faga que o carácter escríbase a man máis axiña, non aumentaría a súa facilidade para ser memorizado. Un exemplo sería o carácter 種 (zhǒng) (= 禾 + 重), que pasou a ser 种 (= 禾 + 中). Dado que tanto 中 como 重 existen como caracteres independentes, parecería que as dúas combinacións han de ser igual de doados, ou difíciles, de aprender. Por estas razóns, quen estuda os caracteres simplificados acaba, tarde ou cedo, aprendendo practicamente as mesmas combinacións de trazos básicas que se dan nos caracteres tradicionais.

Debe apuntarse, ademais, que existen numerosas inconsistencias nos caracteres simplificados. Por exemplo, o carácter 復 () foi simplificado a 复, mentres que a forma orixinal sobrevive nos derivados 覆 () e 履 (). Isto débese, en gran medida, a que o proceso de simplificación quedou conxelado, debido ao cambio de clima político, no que no seu momento pensábase que era un estadio provisional de transición, non definitivo.

[editar | editar a fonte]

A pesar da súa reincorporación a China, Hong Kong e Macau continúan utilizando o sistema tradicional, incluso no ámbito administrativo. Antes da retrocesión a China, pensábase que as autoridades chinesas poderían levar a cabo unha política activa de promoción ou imposición dos caracteres simplificados nestes dous territorios tras a súa integración na República Popular. Ata o momento non foi así, e estes dous territorios continúan a usar case exclusivamente caracteres tradicionais.

En Taiwán, utilízanse soamente os caracteres tradicionais. Debido á rivalidade histórica entre o réxime da illa e o Partido Comunista Chinés, os caracteres simplificados foron considerados como unha reforma comunista, unha agresión máis á cultura tradicional por parte do réxime inimigo. Esta visión politizada da cuestión impediu calquera tipo de debate estritamente lingüístico sobre a simplificación.

Singapur é o único territorio fora da China continental que adoptou os caracteres simplificados de maneira oficial. Así, a prensa en chinés de Singapur utiliza caracteres simplificados. Non obstante, o uso dos caracteres tradicionais é maioritaria nos rótulos comerciais en chinés, e as librerías venden moitas edicións de libros chineses en caracteres tradicionais.

O caso de Malaisia é máis complexo. Neste país os chineses son minoría e non houbo unha política oficial de promoción dun sistema sobre doutro. Os xornais en chinés utilizan frecuentemente unha mestura de caracteres simplificados e tradicionais, usando os primeiros no corpo dos artigos, e os segundos nos titulares. A publicidade tamén utiliza maioritariamente os caracteres tradicionais.

En canto ás comunidades chinesas noutras partes do mundo, pode dicirse que o uso dos caracteres tradicionais segue sendo maioritario nos países onde houbo unha comunidade chinesa desde hai varias décadas, como os Estados Unidos, Australia e o Reino Unido, mentres que en países onde a inmigración chinesa é recente, como España, predomina o uso de caracteres simplificados.

Conclusión

[editar | editar a fonte]

A lingua chinesa atópase na actualidade nunha certa situación de cisma respecto á súa forma escrita. Mentres que a China continental utiliza os caracteres simplificados, Taiwán, Hong Kong e Macau continúan utilizando o sistema tradicional. Non parece probábel que esta situación vaia a cambiar nun futuro próximo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Norman, Jerry, Chinese, Cambridge Language Surveys, Cambridge University Press, Cambridge, 1988 (ISBN 0-521-29653-6).
  • Ping Chen, Modern Chinese. History and Sociolinguistics, Cambridge University Press, Cambridge, 1999 (ISBN 0-521-64572-7).
  • Ramsei, S. Roberts, The Languages of China, Princeton University Press, Princeton, 1989 (ISBN 0-691-01468-X).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]