Saltar ao contido

PCI Express

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PCI Express
Logo
AcrónimoPCIe
Tipoprotocol suite
Data de fundación2003
Na rede
https://pcisig.com/
Twitter: pci_sig Youtube: UCPNgzqj-ouRy3r_ml23mscA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

PCI-Express (anteriormente coñecido polas siglas 3GIO, 3rd Generation I/O) é un novo desenvolvemento do bus PCI que usa os conceptos de programación e os estándares de comunicación existentes, pero baséase nun sistema de comunicación serie moito máis rápido. Este sistema é apoiado principalmente por Intel, que comezou a desenvolve-lo estándar co nome de proxecto Arapahoe despois de retirarse do sistema Infiniband.

Características

[editar | editar a fonte]

PCI-Express non ten que nada ver con PCI-X, son totalmente diferentes. PCI-X é unha evolución de PCI, na que se consegue aumentalo ancho de banda mediante o incremento da frecuencia, chegando a ser 32 veces máis rápido co PCI 2.1. A súa velocidade é maior ca PCI-Express, pero presenta o inconveniente de que ao instalar máis dun dispositivo a frecuencia base se reduce e perde velocidade de transmisión.

PCI-Express está pensado para ser usado só coma bus local. Debido a que se basea no bus PCI, as tarxetas actuais poden ser reconvertidas a PCI-Express trocando soamente a capa física. A velocidade superior do PCI-Express permitirá substituír case tódolos demais buses, AGP e PCI incluídos. A idea de Intel é ter un só controlador PCI-Express comunicándose con tódolos dispositivos, en contraposición co actual sistema de ponte norte e ponte sur.

PCI-Express non é aínda suficientemente rápido para ser usado como bus de memoria. Isto é unha desvantaxe que non ten o sistema similar HyperTransport, que tamén pode ter este uso. Ademais non ofrece a flexibilidade do sistema InfiniBand, que ten rendemento similar, e ademais pode ser usado coma bus interno/externo.

En 2006, PCI-Express vese como un estándar das placas base para PC, especialmente en tarxetas gráficas. Marcas coma Ati Technologies e nVIDIA entre outras teñen tarxetas gráficas en PCI-Express.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]