Harry Belafonte
Harold George "Harry" Belafonte, Jr., nado como Harold George Belafonte, Jr. en Harlem (Nova York) o 1 de marzo de 1927 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 2023,[1] foi un actor, músico e activista social estadounidense de orixe xamaicana. Axudou a popularizar o ritmo musical caribeño calipso na década de 1950.
A súa canción máis coñecida (que o levou ao número un das listas en 1957) foi quizais "Day-O (The Banana Boat Song)". Fixo aparicións no Muppets Show e a súa música utilizouse para a película Beetlejuice.[2]
En 2014 foi galardoado co Premio Humanitario Jean Hersholt.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Harry Belafonte naceu en Manhattan, Nova York, mentres que o seu pai de orixe xamaicana traballaba como xefe de cociña para a Mariña Británica. Cando Belafonte tiña oito anos, a súa familia trasladouse a Xamaica e volveu a Nova York aos trece, pero esa estancia marcou a súa vida, invadida polos ritmos caribeños.
Despois de unirse á Mariña e de servir na segunda guerra mundial, tomou clases de interpretación xunto a Marlon Brando, Tony Curtis, Walter Matthau, Beatrice Arthur e Sidney Poitier mentres traballaba no American Negro Theatre Workshop.
Comezou a súa carreira como cantante, aínda que sen moito éxito ao principio, actuando en pequenos clubs da costa leste dos Estados Unidos. Abriu un restaurante no Greenwich Village de Nova York, que despois pechou para dedicarse definitivamente ao canto.
Tamén apareceu en películas como Bright Road, Carmen Jones, Island in the Sun e The World, the Flesh and the Devil, Odds, Against Tomorrow, Uptown Saturday Night e nalgunhas campañas benéficas como USA for Africa en 1985.
A canción Day-Oh
[editar | editar a fonte]Esta canción non era en realidade un calypso. "Day-Oh" é unha canción tradicional de Xamaica sobre os traballadores do peirao cargando bananas para exportar.
A canción foi gravada por primeira vez en Inglaterra en 1954, polo actor e vocalista de Trinidad Edric Connor. Connor chamou ao tema "Day Dah Light (Banana Loaders Song)" e incluíuno nun álbum de cancións populares xamaicanas que non foi moi divulgado.
En 1956, dous novos arranxos da canción foron gravados de forma independente por Harry Belafonte e por The Tarriers, un grupo estadounidense que interpretaba cancións populares. A versión de Belafonte, adaptada polo compositor Irving Burgie, chamábase "Day-Oh" e saíu tanto como single como no seu álbum Calypso. The Tarriers tiñan escoitado a canción doutro músico folk, Bob Gibson, que viaxara a Xamaica. A súa versión, chamada "The Banana Boat Song", é en realidade unha mestura con outra canción popular xamaicana: "Hill and Gully Rider". Tanto The Tarriers como a versión de Belafonte chegaron ás listas a principios de 1957. A canle de televisión chilena Megavisión utilizouna en 1992 nunha versión interpretada por Peter Rock e as caras da cadea daquela.
En 1988, "Day-O (Banana Boat Song)", xunto con "Jump in the Line", foron incluídos na banda sonora da película Beetlejuice, protagonizada por Michael Keaton e dirixida por Tim Burton.
Activismo
[editar | editar a fonte]Fóra da súa carreira musical, loitou polos dereitos humanos e por causas humanitarias. Criticou a política de George W. Bush para a guerra de Iraq. Tamén apareceu na canción gañadora do Grammy "We Are the World" (1985), sendo o primeiro impusor desa iniciativa. Durante a gravación foi homenaxeado polo resto de artistas.[4][5][6]
Na década de 1960 foi invitado polo presidente da República de Guinea-Conakry, Sekou Tourè, para crear o 2º Ballet Nacional, o Ballet Nacional Djolibà de Guinea Conakry.
Harry Belafonte foi embaixador de UNICEF desde 1987, e traballou nos dereitos dos nenos africanos. En 2001 iniciou unha campaña contra a SIDA en Suráfrica.[7]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Mark Twain And Other Folk Favourites (1954)
- Belafonte (1956)
- Calypso (1956)
- An Evening With Belafonte (1957)
- Belafonte Sings Of the Caribbean (1957)
- Belafonte Sings Of Christmas (1958)
- Belafonte Sings The Blues (1958)
- Love Is A Gentle Thing (1959)
- Porgy And Bess (1959)
- Belafonte At Carnegie Hall (1959)
- My Lord What A Morning (1959)
- Belafonte Returns To Carnegie Hall (1960)
- Swing That Hammer (1960)
- Jump Up Calypso (1961)
- Midnight Special (1962)
- Many Moods Of Belafonte (1962)
- Streets I Have Walked (1963)
- Belafonte At The Greek Theatre (1964)
- Ballads, Blues And Boasters (1964)
- An Evening With Belafonte/Makeba (1965)
- An Evening With Belafonte/Mouskouri (1966)
- In My Quiet Room (1966)
- Calypso In Brass (1966)
- Belafonte On Campus (1967)
- Belafonte Sings Of Love (1968)
- Homeward Bound (1969)
- Belafonte By Request (1970)
- Harry & Lena, For The Love Of Life (1970)
- The Warm Touch (1971)
- Calypso Carnival (1971)
- Belafonte...Live (1972)
- Play Me (1973)
- Concert In Japan (1974)
- Turn The World Around (1977)
- Loving You Is Where I Belong (1981)
- Paradise In Gazankulu (1988)
- Belafonte '89 (1989)
- An Evening With Harry Belafonte And Friends (1997)
- The Long Road To Freedom, An Anthology Of Black Music (2001)
Colectivos
[editar | editar a fonte]- Vorwärts, nicht vergessen solidarität! (1985)
Bandas sonoras
[editar | editar a fonte]- Beetlejuice (1988)
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Bright Road (1953)
- Carmen Jones (1954)
- Island in the Sun (1957)
- The Heart of Show Business (1957)
- The World, the Flesh and the Devil (1959)
- Odds Against Tomorrow (1959)
- King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis (1970) (documental)
- The Angel Levine (1970)
- Buck and the Preacher (1972)
- Uptown Saturday Night (1974)
- Fundi: The Story of Ella Baker (1981) (documental)
- A veces miro mi vida (1982)
- Drei Lieder (1983)
- Sag nein (1983) (documental)
- Der Schönste Traum (1984) (documental)
- We Shall Overcome (1989) (documental)
- The Player (1992) (Cameo)
- Ready to Wear (1994) (Cameo)
- Hank Aaron: Chasing the Dream (1995)
- White Man's Burden (1995)
- Jazz '34 (1996)
- Kansas City (1996)
- Scandalize My Name: Stories from the Blacklist (1998) (documental)
- Swing Vote (1999) (filme de tv)
- Fidel (2001) (documental)
- XXI Century (2003) (documental)
- Conakry Kas (2003) (documental
- Ladders (2004) (documental) (narrador)
- Mo & Me (2006) (documental)
- Bobby (2006)
- Motherland (2009) (documental)
- Sing Your Song (2011) (documental)
- Hava Nagila: The Movie (2013) (documental)
- BlacKkKlansman (2018)
- The Sit-In: Harry Belafonte hosts the Tonight Show (2020) (documental)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Keepnews, Peter (25 de abril de 2023). "Harry Belafonte, 96, Dies; Barrier-Breaking Singer, Actor and Activist". The New York Times. Consultado o 25 de abril de 2023.
- ↑ Editors, Biography com. "Harry Belafonte". Biography (en inglés). Consultado o 2022-04-08.
- ↑ "Harry Belafonte". Oscars.org ; Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 2014-11-03. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ Nast, Condé (2013-11-11). "The Many Battles of Harry Belafonte". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2022-04-08.
- ↑ "Tributo a Harry Belafonte en Usa For Africa - Subtitulado en Español". Consultado o 2024-01-31.
- ↑ Sarramone, Natalia (2024-01-30). "Netflix estrenó un documental sobre la histórica grabación de “We Are The World”". RED/ACCIÓN (en castelán). Consultado o 2024-01-31.
- ↑ "People; H. Belafonte". UNICEF.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2015. Consultado o 08 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harry Belafonte |