Río Po
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O Po (/poʊ/, latín: Padus ou Ēridanus; grego antigo: Πάδος ou Ἠριδανός, Ēridanós; Ligur antigo: Bodincus ou Bodencus) é o río máis longo de Italia. É un río que discorre cara ao leste polo norte do país a partir dos Alpes Cottianos. O Po flúe 652 km. ou 682 km., tendo en conta a lonxitude do Maira, un afluente da marxe dereita. As cabeceiras do Po son un manancial que se filtra dunha ladeira pedregosa en Pian del Re, un lugar chairo na cabeceira do Val do Po baixo a cara noroeste do Monviso. O Po esténdese entón ao longo do paralelo 45 norte antes de rematar nun delta que se proxecta no Mar Adriático preto de Venecia, a súa conca hidrográfica ocupa unha área de 71.000 quilómetros cadrados.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Italia, Suíza e Francia | ||||
División administrativa | Piemonte, Italia, Lombardía, Italia, Emilia Romaña - Emilia-Romagna, Italia e Véneto, Italia | ||||
Localización | Pian del Re (en) | ||||
Final | |||||
Localización | mar Adriático | ||||
| |||||
Afluentes | 49 | ||||
Conca hidrográfica | conca do Po | ||||
Características | |||||
Dimensións | 652 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 74.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 1.460 m³/s | ||||
Caracterízase polo seu grande caudal (varios ríos de máis de 1.000 km teñen un caudal inferior ou igual ao Po). Como consecuencia das súas características, o río está suxeito a fortes enchentes. En consecuencia, máis da metade da súa lonxitude está controlada con argini, (diques).[1]
O río atravesa moitas cidades italianas importantes, incluíndo Turín, Piacenza, Cremona e Ferrara. Está conectado a Milán a través dunha rede de canles chamada navigli, que Leonardo da Vinci axudou a deseñar. Cerca do final do seu curso, crea un amplo delta (con centos de pequenas canles e cinco principais, chamadas Po di Maestra, Po della Pila, Po delle Tolle, Po di Gnocca e Po di Goro) na parte sur da cal está Comacchio, unha zona famosa polas anguías. O val do Po era o territorio da Galia Cisalpina romana, dividida en Galia Cispadana (ao sur do Po) e a Galia Transpadana (ao norte do Po).
Características
editarÉ o río máis longo de toda Italia e atravesa varias cidades importantes, incluíndo Turín e indirectamente Milán. Nesta última cidade ingresa nunha serie de canais denominados navigli, feito que lle dá un aspecto moi característico á zona.
En chegando ao final do seu curso, o río forma un delta con centos de illas, sendo as máis importantes Po di Maestra, Po della Pila, Po delle Tolle, Po di Gnocca e Po di Goro. Na parte sur do delta está situada Comacchio, unha zona coñecida pola existencia de anguías.
O largo val que existe ao redor do Po denomínase chaira Padana (Pianura Padana), estando tan ben conectado polo río que sobre o mesmo se desenvolveu a principal área industrial do país.
Val do Po
editar- Artigo principal: Val do Po.
O vasto val ao redor do Po chámase Conca do Po ou Val do Po (en italiano Pianura Padana ou Val Padana); co tempo converteuse na principal zona industrial do país. En 2002, máis de 16 millóns de persoas vivían alí, daquela case un terzo da poboación de Italia.[1]
Os dous principais usos económicos do val son para a industria e para a agricultura. Os centros industriais, como Turín e Milán, están situados en terreos máis elevados, lonxe do río. Dependen para a enerxía das numerosas estacións hidroeléctricas dos Alpes ou nos flancos dos Alpes, e das centrais de carbón/petróleo que utilizan a auga da conca do Po como refrixerante. A drenaxe do norte é mediada por varios lagos grandes e pintorescos. Os regatos están agora controlados por tantas presas que ralentizan a sedimentación do río, causando problemas xeolóxicos. A extensa, húmida e fértil chaira inundable está reservada principalmente para a agricultura e está suxeita a inundacións repentinas, aínda que a cantidade total de auga é menor que no pasado e menor que a demanda. Os principais produtos das granxas ao redor do río son os cereais que inclúen, infrecuentemente para Europa, o arroz, que require un gran rego. Este último método é o principal consumidor de augas superficiais, mentres que o consumo industrial e humano utiliza augas subterráns.
Principais afluentes
editar- Río Varaita (desde a marxe dereita)
- Río Maira (marxe dereita)
- Río Pellice (marxe esquerda)
- Río Dora Riparia (marxe esquerda)
- Río Stura di Lanzo
- Río Orco
- Río Dora Baltea
- Río Sesia
- Río Tanaro (marxe dereita)
- Río Scrivia (marxe dereita)
- Río Agogna (marxe esquerda)
- Río Ticino (marxe esquerda)
- Río Lambro (marxe esquerda)
- Río Trebbia (marxe dereita)
- Adda (marxe esquerda)
- Río Nure (marxe dereita)
- Río Arda (marxe esquerda)
- Río Taro (margxe esquerda)
- Río Parma (marxe esquerda)
- Río Enza (marxe esquerda)
- Río Oglio (marxe esquerda)
- Río Mincio (marxe esquerda)
- Río Secchia (marxe dereita)
- Río Panaro (marxe dereita)
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Zwingle, Erla (May 2002). "Italy's Po River Punished for centuries by destructive floods, northern Italians stubbornly embrace their nation's longest river, which nurtures rice fields, vineyards, fisheries—and legends". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007. Consultado o 6 de abril de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Po |
Bibliografía
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Flooding on the Po River, Italy, as imaged by RADARSAT-1". Canada Centre for Remote Sensing. 2000. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 6 de abril de 2009.
- "Ferrara, City of the Renaissance, and its Po Delta". World Heritage Centre, UNESCO. 1992–2009. Consultado o 14 de abril de 2009.