Publicación de Marcos David Besada Pérez

Ver el perfil de Marcos David Besada Pérez, gráfico

Técnico Superior en Vitivinicultura

Tempo de #replanta nas fincas...coa calor apretando! 😎 Desta volta, turno do #Lado: unha variedade autóctona, unha clásica de #ORibeiro, que en #AdegaSameirás constitúe preto do 30% das prantas de variedades brancas.. 😉 A súa brotación é media-tardía, e a época de maduración é media: ten sensibilidade alta á "botrite" e ao oídio, e media ao mildeu. Alcanza con facilidade altas graduacións (que rondan os 13% Vol.), cunha excelente conservación da acidez (en torno aos 7 gr/l. de acidez total): aporta aos #viños peculiares aromas afroitados e especiados, cunha boca moi fresca...😉 Aínda que hai algúns "monovarietais" na #DORibeiro, en xeral emprégase na elaboración de viños plurivarietais en mestura/coupage coa Treixadura, o Albariño, a Loureira ou o Godello.

  • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen

Inicia sesión para ver o añadir un comentario.

Ver temas