Xunta de Galicia

Xunta de Galicia

Servicios públicos

Santiago de Compostela, A Coruña 33.700 seguidores

Sobre nosotros

A Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía, aprobado en 1981, como órgano colexiado do Goberno de Galicia. A comunidade exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e dos seus entes e órganos dependentes. Na actualidade, a Xunta está composta polo presidente e oito conselleiros. Son os da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza; Consellería de Facenda; Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Consellería de Economía e Industria; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Consellería de Sanidade; Consellería de Traballo e Benestar e Consellería de Medio Rural e do Mar. Correspóndelle á Xunta aprobar os regulamentos xerais dos seus propios tributos e elaborar as normas regulamentarias precisas para xestionar os impostos estatais cedidos de acordo cos termos desta cesión e a elaboración e aplicación do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia, que deben ser examinados polo Parlamento. A Xunta tamén se encarga de coordinar a actividade das Deputacións Provinciais do seu territorio naquelo que afecte dun xeito directo ao interese xeral de Galicia, e pode encomendar a execución dos seus acordos ás devanditas deputacións. A Comunidade ten tamén unha serie de competencias exclusivas nos ámbitos da ordenación do territorio, as institucións galegas, comunicación e transporte, aproveitamento de recursos naturais, cultura, lingua, turismo, deporte, medio ambiente, comercio...

Sitio web
https://www.xunta.gal
Sector
Servicios públicos
Tamaño de la empresa
Más de 10.001 empleados
Sede
Santiago de Compostela, A Coruña
Tipo
Agencia gubernamental
Fundación
1981

Ubicaciones

  • Principal

    San Caetano, s/n

    Santiago de Compostela, A Coruña 15781, ES

    Cómo llegar

Empleados en Xunta de Galicia

Páginas similares